Nova sesión das Xornadas de Acceso á Cultura en Galicia:

Acceso á cultura e interseccionalidade

Cartel da xornada “Acceso á cultura en Galicia 2025”. O título principal di: “Acceso á cultura e interseccionalidade”. Abaixo indícase o lugar e a data: Museo Pazo de Tor, San Xoán de Tor, Monforte de Lemos, 18 de xuño de 2025. A imaxe principal amosa un gráfico abstracto con triángulos xeométricos en cores verde, amarelo e laranxa sobre fondo marrón claro.

O vindeiro 18 de xuño, o Pazo de Tor acollerá unha nova sesión das xornadas Acceso á cultura en Galicia 202, organizada pola Comisión Técnica Temporal de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, coa coordinación de Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial. Nesta ocasión, o enfoque estará posto na interseccionalidade como chave para entender e garantir o acceso real e equitativo á cultura.

Tema central: Interseccionalidade e dereitos culturais

Esta cuarta sesión centrarase na análise das múltiples desigualdades que afectan o dereito de acceso á cultura, desde unha perspectiva interseccional que pon o foco en factores como o xénero, a etnia, a clase social, a orixe xeográfica, a diversidade funcional, os ciclos de vida ou o territorio.

Abordaremos como estas dimensións se cruzan xerando exclusións específicas que un enfoque xeral non identifica, e reflexionaremos sobre como construír políticas culturais inclusivas e transformadoras.

Inscrición

🔗 A inscrición é gratuita e pode realizarse a través da seguinte ligazón:
👉 Formulario de inscrición
⚠️ Prazas limitadas por orde de inscrición.


Programa

🕙 10:00 h — Recepción e presentacións institucionais
🕥 10:30 h — Presentación das cartografías e diagnósticos polas palabreiras
🕚 11:00 h — Inicio das mesas de traballo: Boas migas
🕦 11:30 h — Descanso e visita ao pazo con perspectiva interseccional
🕧 12:30 h — Mesas de traballo: Reflexionar xuntas
🕜 13:30 h — Debate conxunto e conclusións polas palabreiras
🕑 14:00 hNon me toques o segredo, creación da compañía Experimenta Danza, sobre desigualdades interseccionais e resistencia corporal
🕝 14:30 h — Xantar comunitario


Participan

  • Xavier Rey Feijoo (Taller Daulloa) e Cristina Alonso (COGAMI Lugo)

  • Aitana García Lage (Federación Autismo Galicia)

  • Patricia Vázquez Carballal (FEAFES Galicia – Delegación de Lugo)

  • Francisco Farnés Caminero (Axencia da ONCE en Lugo)

  • Adilenys Trujillo Yáñez e Aleida Naval Santos (SINTRAHOCU)

  • Irene Jiménez Cortiñas (Secretariado Xitano)

  • Ana Bereciartúa (Asociación Rioplatenses)

  • Leonardo Casado (Voluntariado de ACCEM A Coruña)

  • Noelia Gómez (Plataforma Diversa Infantil)


Palabreiras e redacción de informes

  • Sergio Marey

  • Isabel Fernández

  • Ruth Sousa

  • Fran Quiroga

Comparte nas túas redes