O legado do tempo

Colección de reloxos de José Antonio Puentes Romay

Dende o 23 de setembro ata o 15 de novembro de 2026

Neste ano 2026 ingresou no Museo Provincial de Lugo, por doazón, un gran legado de José Antonio Puentes Romay baseado nunha importante colección de reloxos que pasan a engrosar os fondos do departamento de Etnografía/Artes Decorativas do MPL.
Con motivo da incorporación destes 194 bens, e continuando co programa Coleccionismo e museos que o MPL comezou en 2025, organízase esta exposición cos seguintes obxectivos:

• Destacar a importancia do coleccionismo e do mecenado na conformación das coleccións museísticas públicas.
• Crear diálogos entre o patrimonio cultural galego e o doutras zonas xeográficas a través dunha exposición de contido diverso aínda que monográfica.
• Contribuír á difusión, interpretación e posta en valor do patrimonio cultural neste caso aplicado ás artes decorativas: unha colección de reloxos.
• Promover a socialización do patrimonio a través dun museo público pluridisciplinar.
• Amosar á sociedade os fondos museográficos que se incorporan por mor de destacadas doazóns públicas e gratuítas.
• Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións concretas mais transversais.

FICHA TÉCNICA:

Título: O legado do tempo. Colección de reloxos de José Antonio Puentes Romay
Programa: Coleccionismo e museos. 2026. MPL.
Datas: Desde o 23 de setembro ata 15 de novembro de 2026.
Lugar: Sala de exposicións temporais do MPL.
Coordinación xeral: Aurelia Balseiro García. Dirección MPL
Comisariado: Paula Salinas Somoza. Responsable do Departamento de Etnografía/AA.DD. MPL.
Adxunto á coordinación e comisariado: Negociado de Coleccións do MPL.
Textos: Departamento de Etnografía e Artes Decorativas do MPL. e Xaime Varela Sieiro.
Conservación e restauración: Departamento de Restauración do MPL.
Colaboracións: Departamento de Montaxe de Exposicións do MPL, Negociado de Coleccións do MPL. Jesús Chao López e Lidia Copa Álvarez.

Máis información: Aurelia Balseiro García (direccion@museolugo.org / 982 242 112)

Paneis da exposición

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes