O Museo Pazo de Tor,
berce da museoloxía social

Temática: Museoloxía social
Esta proposta forma parte de: Estratexias de museoloxía social
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Dende o 15/02/2021
De 10:00am a 12:30am
Formato: Presencial
Este luns o Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos, un dos catro museos da Rede Museística Provincial de Lugo, acolleu un módulo formativo para avaliar o impacto real dos procesos de museloxía social na comunidade.
Eloísa Pérez Santos, profesora de avaliación psicolóxica da Universidade Complutense de Madrid e investigadora de públicos de museos, guiou o encontro que estivo coordinado por BenCuriosa-Implementa Cultura Accesible.
A actividade foi seguida presencialmente por unha vintena de participantes e online desde iberoamérica por varios centos de persoas vinculadas cos museos, a cultura e a educación. Traspasando deste xeito fronteiras co valor educativo da Rede Museística Provincial.
A deputada da área de cultura da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, Iria Castro, quixo saudar aos participantes e a xerente da RMPL, Encarna Lago, agradeceulle a atención que fai a este tipo de accións, “Vimos de facer recentemente todo o que ten que ver con desigualdades de clase e ciclos de vida e queremos ver se estes proxectos están acadando o impacto para o que se fixeron. Tentamos mellorar día a día e agradecemos o apoio recibido desde a área de cultura”.
Pola súa banda, a deputada Iria Castro, loubou a iniciativa que dá continuidade ao encontro celebrado o pasado ano; “Como profesionais é importante seguir formándonos e chegar cada día a máis público, o que adquire unha relevancia especial nos sectores da cultura e a educación como é o caso. Por iso é neceario ver o alcance das iniciativas e se están tendo o resultado que queremos.”
A actividade forma parte da proxección externa da RMPL e segue o lema que o Consello Internacional de Museos (ICOM) determinou para o Día Internacional dos Museos de 2023, “Museos, sustentabilidade e benestar”. O obxectivo último sempre é ser o museo que se quere ser e que ten a museoloxía social como filosofía a seguir. O Museo Pazo de Tor segue converténdose así no espazo de referencia internacional sobre o tema, “Ao Pazo de Tor o MINOM (Movemento Internacional para a nova Museoloxía) dóalle o arquivo de todo o que supón a museoloxía social a nivel mundial, convértese así na sede do arquivo de MINOM a nivel internacional”, destacou Encarna Lago.
Tamén che pode interesar
Tres novas accións de proxección externa da Rede Museística Provincial de Lugo
Tres novas accións de proxección externa da Rede Museística Provincial de Lugo