O MPL colabora coa exposición “ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós”
Temática: Arqueoloxía
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo e Vello Cárcere
Cando: Dende o 29/02/2024
ata o 17/05/2024
Formato: Presencial
O Museo Provincial de Lugo, a través de Dirección e do Departamento de Arqueoloxía e Historia, colabora coa exposición “ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós” mediante o préstamo de tres pezas cerámicas: unha xerra galaico-romana datada entre os ss. II-IV d. C. e dúas olas galaico-romanas datadas entre os ss. I-IV d. C.
Este proxecto, comisariado por Mª Pilar Prieto Martínez (USC) e Hixinio Flores Rivas (Asociación Ceramolóxica Galega Canaveira), conta ademais cun roll-up para promover a visita ao Museo Provincial de Lugo. Do mesmo xeito, na antiga cociña conventual do museo atópase outro con información da citada mostra, co fin de establecer un “diálogo entre ambos espazos expositivos, enriquecendo mutuamente o relato de investigación científica nun marco integral e contextual”.
“ConCiencia dunha tradición. Olaría de Mondoñedo, Bonxe, Samos e Gundivós” estará aberta ao público no Vello Cárcere de Lugo ata o 17 de maio de 2024.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Presentase o concurso “Cousas do Retorno”
Presentación do concurso Cousas do Retorno Coa finalidade de (re)descubrir a