O Museo Provincial de Lugo participa na “Xornada Francisco Asorey”
Museo Provincial de Lugo / Salón de actos da Deputación
O Museo Provincial de Lugo (MPL) sumará a súa colaboración á “Xornada Francisco Asorey” que se celebrará o vindeiro 19 de setembro, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) e coordinada pola académica Mónica Alonso.
Durante esta xornada, os asistentes poderán participar nunha serie de actividades dedicadas a homenaxear e analizar a obra do escultor galego Francisco Asorey. A programación inclúe unha visita guiada ás obras do artista expostas no MPL, como “San Francisco” e “Ofrenda a San Ramón“, que forman parte do seu destacado legado.
Entre os actos destas xornadas atopamos a conferencia “Asorey en Lugo”, impartida por Aurelia Balseiro, directora do MPL. Ademais, a restauradora do MPL, Blanca Besteiro, participará na mesa redonda “A técnica de Asorey.