Territorio Textura
Sentir, imaxinar e expresar o territorio que habitamos
Identidade, memoria e territorio
26 de decembro
17:00h.
Este obradoiro propón unha aproximación artística e reflexiva aos vínculos co territorio que habitamos. A partir dunha reflexión colectiva, abordarase a análise das características e elementos que definen os espazos: a morfoloxía urbana, a mobilidade, os espazos verdes e os denominados “baleiros urbanos”.
Baseándose na participación cidadá e en teorías como a de Kevin Lynch en The Image of the City, o obradoiro busca trasladar estas ideas a obras artísticas únicas.
Mediante o uso de técnicas artísticas como a acuarela e o bordado sobre papel, proporcionarase aos participantes ferramentas para transformar percepcións e emocións sobre o territorio en creacións visuais. Ao longo do proceso, cada participante:
- Identificará un barrio, cidade ou territorio de referencia.
- Analizará os seus elementos máis representativos.
- Deseñará unha paleta de cores personalizada.
- Creará unha obra que combine textura, cor e sentimento, reinterpretando a relación co espazo.
O obradoiro está pensado para persoas con ou sen experiencia previa no ámbito artístico que desexen explorar o territorio desde unha perspectiva creativa, crítica e participativa.