“Fotografía de Rúa”
Obradoiro no MPL

07 e 08/02/2026
Lugo convértese esta fin de semana no escenario dunha experiencia fotográfica única. O Museo Provincial de Lugo organiza este próximo fin de semana, en colaboración co Colectivo Ruando, un obradoiro especializado en fotografía de rúa , unha disciplina que busca capturar a esencia da vida cotiá a través da mirada artística e a composición técnica.
A formación corre a cargo de Paulina Aleshkina, fotógrafa e docente con máis de dúas décadas de experiencia. Licenciada en Arte e Humanidades pola Universidade Estatal de Moscova , Aleshkina achega a Lugo a súa visión particular sobre a “poesía da fotografía callejera” , baseada na súa ampla traxectoria expositiva en centros como o Museo Provincial de Zaragoza ou o Festival PhotoEspaña.
Cronograma da actividade
O programa, que se desenvolve os días 7 e 8 de febreiro, está deseñado para profundar no dominio da linguaxe visual urbana:
-
Sábado pola mañá (10:30 – 13:30 h): Sesión teórica sobre ferramentas de composición e o tratamento da luz natural, desde a luz dura ata a difusa.
-
Sábado pola tarde (16:30 – 19:30 h): Xornada dedicada á práctica fotográfica directa nas rúas de Lugo, explorando os diferentes estilos desta disciplina.
-
Domingo pola mañá (10:30 – 13:30 h): Sesión de peche no Museo co visionado dos resultados e a posta en común de consellos para o desenvolvemento do estilo persoal.


