Nadal Creativo na Rede Museística:
Xoguetes, Arte e Familia

Museo provincial de Lugo | Museo provincial do Mar | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Decembro e xaneiro
Este Nadal, a Rede Museística Provincial de Lugo convídate a pausar as présas e gozar de tempo de calidade a través da creatividade. Da man do espazo creativo Quod Fecit, presentámosvos unha serie de obradoiros onde o xoguete é o fío condutor para explorar o deseño, a historia e a arte.
Son actividades pensadas para compartir experiencias, onde grandes e pequenos poden traballar xuntos, recuperar a ilusión e crear pezas únicas coas súas propias mans.
Consulta a axenda e reserva a túa praza (aforo limitado):
Museo Provincial de Lugo
1. Mariquiñas Articuladas: De barro e historia Viaxa ao pasado inspirándote nas bonecas gregas e romanas. Neste obradoiro de dúas sesións, modelaremos a nosa propia versión en barro, preparando as articulacións para despois decoralas e montalas.
-
Datas: 23 e 26 de decembro (é necesario asistir aos dous días).
-
Horario: De 11:00 a 13:30 h.
-
Prazas: Máximo 20 participantes.
-
Idade recomendada: Maiores de 14 anos.
2. Deseña o teu boneco e lévao á realidade Imaxina, debuxa e crea. Partindo dun bosquexo en papel, daremos vida a bonecos brandiños utilizando feltro, teas e fibra. Un obradoiro ideal para iniciarse na costura básica e o deseño de personaxes.
-
Data: 3 de xaneiro.
-
Horario: De 11:00 a 13:30 h.
-
Prazas: Máximo 20 participantes.
-
Público: Actividade interxeracional (cativos acompañados de adultos).
Museo Provincial do Mar (San Cibrao)
3. Obradoiro Ilustrado: Deseña o teu xoguete ideal Un espazo para deixar voar a imaxinación mediante a acuarela e o lapis de cor. Fomentaremos a creación dun tándem creativo entre nenos e adultos, onde os pequenos actúan como directores de arte e os maiores axudan a executar a obra.
-
Data: 27 de decembro.
-
Horario: De 11:00 a 13:00 h.
-
Prazas: Máximo 12 participantes.
-
Público: Adaptado a diversas idades e familias.
Museo Pazo de Tor
4. Art Toy: Customización dunha icona Inspirándonos no movemento artístico dos “Art Toys” dos anos 90 e aproveitando a conexión do museo coa figura de Mickey Mouse, cada participante personalizará un boneco de PVC. Pintaremos e modificaremos a figura para convertela nunha pequena obra de arte única e coleccionable.
-
Data: 30 de decembro.
-
Horario: De 11:00 a 13:00 h.
-
Prazas: Máximo 20 participantes.
Museo Fortaleza San Paio de Narla
5. Xoguetes de Segunda Vida Un obradoiro de concienciación e creatividade onde converteremos materiais de refugallo (latas, cartón, botóns) en robots, monstros ou vehículos fantásticos. Aprenderemos a ver o potencial dos obxectos cotiáns para construír os nosos propios xoguetes.
-
Data: 2 de xaneiro.
-
Horario: De 11:00 a 13:30 h.
-
Prazas: Máximo 20 participantes.
Nota: Recoméndase que cada participante traia un elemento de refugallo (lata, caixa ou bote).
Queres apuntarte?
Para reservar a túa praza ou solicitar máis información, contacta no seguinte correo concertacionsrmp@gmail.com.


