Oficios en extinción:

A voz do último carpinteiro de Ribeira.

Onde se desenvolve: Museo provincial do Mar

Dende o 15/11/2021
13:00 h

Online

O Patrimonio cultural inmaterial, tamén chamado patrimonio vivo, está conformado polas prácticas, expresións, saberes ou técnicas transmitidos polas comunidades de xeración en xeración.
A Rede Museística Provincial de Lugo, e o Museo Provincial do Mar, sabémonos na obriga de salvagardar e protexer esta parte do noso patrimonio, xa que é o que nos proporciona a nosa identidade, contribúe á boa xestión do patrimonio natural e social , fomenta o diálogo intercultural xa que favorece á diversidade e potencia o desenvolvemento sostible.
Sumámonos pois a celebración do Día Mundial do Patrimonio, invitándovos a non esquecer o noso pasado cheo de carpinteiros de ribeira, pescantinas e mariscadoras, mariñeiros e redeiras, cazadores de balea e salgadoras de sardiña, para poder afrontar con máis fortaleza o noso futuro.

Galería

Visita virtual

Video

Tamén pode interesarlle

  • Imaxe da sala de exposición de recolectora na que se ven diferentes obras

Recolectoras. Memoria e Terra.

Xornadas de co-creacións artísticas coa comunidade en conversa con artistas contemporáneasdo tecido cultural galego. Co fin de xerar narracións colectivas que poñan en primeiro plano a realidade da figura feminina do noso rural.

Comparte nas túas redes