“Da vila do Castro d’Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”
Presentación do libro
O venres 22 de novembro, ás 19:00h, presentarase no Museo Provincial de Lugo “Da vila do Castro d´Ouro ao concello de Alfoz: oitocentos anos na Historia”, número 21 da serie “Monografías de Cuadernos de Estudios Gallegos” (Editorial CSIC).
O acto, de entrada libre ata completar aforo, contará coas intervencións de Iria Castro Fernández (Delegada de Cultura da Deputación Provincial de Lugo), Sonia Expósito Goás (Delegada de Cultura do Concello de Alfoz), Aurelia Balseiro García (Directora do Museo Provincial de Lugo), Pablo S. Otero Piñeyro Maseda (Director do IEGPS) e Eduardo Pardo de Guevara y Valdés (IEGPS); así como dos editores da obra, Carlos Baliñas Pérez (USC) e Carlos Andrés González Paz (IEGPS).
Nas duascentas páxinas desta obra reúnense os relatorios presentados por expertos de recoñecida traxectoria investigadora durante as “Xornadas de Estudos Históricos”, (2 e 3 de outubro de 2020, centro sociocultural de Alfoz), con motivo do octinxentésimo aniversario da vila de Castro d´Ouro (1220-2020). Estrutúrase internamente en seis capítulos, con artigos da autoría de Carlos Baliñas Pérez, Carlos Andrés González Paz, Abel Vigo García, Aurelia Balseiro García, María Dolores Barral Rivadulla e Pegerto Saavedra Fernández, cuxa conxunción constitúe unha re-visión diacrónica da traxectoria histórica da vila de Castro d’Ouro desde a Idade do Ferro ata finais do Antigo Réxime.