Presentación do novo volume das rutas literarias

“Bágoas de nube” de Luz Darriba

A Rede Museística Provincial de Lugo incorpora un novo volume das súas rutas literarias, titulado “Bágoas de nube” obra deLuz Darriba. Esta publicación está dirixida a mozos e mozas de entre 10 e 15 anos, co obxectivo de servir como ferramenta didática tanto no museo como nos diferentes centros educativos da provincia.

A distribución deste exemplar estendeuse durante os días 17 e 18 de maio. Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas o 17 de maio, realizouse a entrega do volume nos catro museos que conforman a rede provincial. O día seguinte, 18 de maio, coincidindo coa inauguración da exposición “O infinito nas aulas”, a deputada da área de Cultura, Iria Castro, fixo entrega directa de varios exemplares ao alumnado que asistiu ao acto en representación dos institutos San Xillao e Lucus Augusti de Lugo, así como do centro Gregorio Fernández de Sarria.

O documento atópase xa a disposición de toda a comunidade educativa. Os centros interesados en utilizalo como recurso didáctico poden realizar a descarga do volume de forma gratuíta a través do enlace dispoñible nesta mesma entrada.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes