Presentación do catálogo de “María Corredoira.
(Re)coñecer? (Re) presentar? (Re)distribuír?”
Esta proposta forma parte de: (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír? Rede Museística Provincial
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cando: o 05/02/2024
ás 12:00h. pm
Formato: Presencial
O día 5 de febreiro presentouse no Museo Provincial de lugo o catálogo “María Corredoira. (Re)coñecer? (Re) presentar? (Re)distribuír?” que documenta tanto a exposición retrospectiva realizada no Museo Provincial de Lugo entre o 15 de marzo e o 31 de maio de 20023, como o traballo previo de investigación desenvolvido para o proxecto expositivo dentro do programa (Re)coñecer? (Re) presentar? (Re)distribuír?. No acto interviñeron Iria Castro, deputada delegada de Cultura; Aurelia Balseiro, directora do MPL; e Encarna Lago, xerente da RMPL.
O catálogo inclúe apuntamentos biográficos e da traxectoria artística de María Corredoira, resultado da pescuda arquivística realizada en diferentes arquivos como o arquivo da RAGBA ou o propio arquivo do Museo Provincial de Lugo.
A publicación, que inclúe tamén unha bibliografía que recompila os traballos realizados sobre a artista, supón así unha importante achega ao estudo e á difusión da obra dunha das autoras máis destacadas da arte galega do século XX e pioneira na docencia artística e na incorporación ás institucións representativas da arte galega, como a RAGBA.