Préstamo temporal das obras de Asorey

Para a exposición “Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria”

A delegada de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, Iria Castro, e a directora do Museo Provincial de Lugo, Aurelia Balseiro, asistirán á inauguración da exposición “Francisco Asorey. Unha recuperación necesaria”, organizada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia e comisariada por Miguel Fernández Cid, na que o Museo Provincial de Lugo participa mediante o préstamo das obras Ofrenda a San Ramón e San Francisco (esta última depositada polo Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía).

Esta mostra terá lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, entre o 28 de outubro de 2025 e o 5 de abril de 2026, período durante o que MPL proxectará, no espazo expositivo que ocupaban as obras prestadas, o seguinte vídeo coas fotogrametrías 3D das pezas:

Así viaxan os bens culturais do Museo Provincial de Lugo para participar en mostras temporais externas.

Comparte nas túas redes