Proximidade Llunyana, en Navia de Suarna
Exposición itinerante
Temática: Diálogo intercultural
Esta acción forma parte de: Mulleres rurais
Onde se desenvolve: Navia de Suarna
Dende o 15/10/2022
Presencial
Dentro das itinerancias previstas pola Rede Museística da Deputación de Lugo, Proximidade Llunyana achégase a partir do 15 de outubro, Día da Muller Rural, ata o concello de Navia de Suarna. A inauguración terá lugar ás 18:00h. diante da casa do concello pero antes, pola mañá, desenvolverase un obradoiro e a continuación do acto de inauguración terá lugar un faladoiro.
Proximidade Llunyana forma parte do programa: “Mulleres Rurais” que se vén desenvolvendo na Rede Museística da Deputación de Lugo en colaboración de colectivos e persoas de moi variada procedencia. Está organizado pola área de Cultura e a vicepresidencia da Deputación de Lugo, encargándose da coordinación integral do programa, Encarna Lago, xerente da Rede Museística.
- Obradoiro: (RE)CONEXIÓN:
Sábado, 15 de outubro, de 11:00 a 14:00h.
Lugar: Casa Quindós
Inscricións para participar en: neocultivocultural@gmail.com
A través dun obradoiro audiovisual as participantes (de entre 10 e 15 anos) formarán equipo para entrevistar a mulleres maiores da súa comunidade, co obxectivo de recuperar e divulgar historias en risco inminente de ser esquecidas, crear lazos interxeracionais e aprender valores en positivo.
- Exposición
Lugar: Navia de Suarna (diante da Casa do Concello).
A partir do 15 outubro de 2022 ás 18:00h.
- Faladoiro: “Máis alá do Día de…: As mulleres do rural de onte e hoxe no territorio”.
A continuación do acto inaugural na Casa do Concello terá lugar un faladoiro arredor do tema “Máis alá do Día de…: As mulleres do rural de onte e hoxe no territorio”. Actividade aberta ás intervencións de todas as persoas asistentes.
Enlaces de interese
Tamén lle pode interesar
Obradoiro artístico Territorio Textura
Territorio Textura Sentir, imaxinar e expresar o territorio que habitamos