(RE)CONEXIÓN

Temática: Identidade, memoria e territorio
Público:Mocidade
Esta acción/programa forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Museo provincial do Mar
Dende o 20/12/2022
De 16:30 pm
Presencial
Esta peza documental recolle a historia de vida de seis mulleres ao longo da provincia: dende a Mariña Lucense, pasando pola Terra Chá e a Ribeira Sacra, e ata os Ancares. As gravacións foron realizadas nuns obradoiros audiovisuais que Neocultivo Cultural impartiu dentro da Rede Museística Provincial de Lugo.
Nestas xornadas a mocidade de cada territorio entrevistou ás súas veciñas para coñecer o seu relato e conseguir que este perdure no tempo. O obxectivo deste proxecto é dar visibilidade aos testemuños de varias das bibliotecas vivas do rural lugués, fomentar valores positivos entre a xente moza e reavivar os lazos interxeracionais en cada comunidade.
Deste xeito, durante vinte minutos coñeceremos a Sagrario, Lidia, Dominica, Eladina, Maruja e Esther, as cales nos contan moitas das peripecias polas que transcorreu a súa vida en comparación coa realidade da que goza a mocidade actual.
Galería
Video
Enlaces de interese
Tamén lle pode interesar
75 cabodano da sinatura de As cruces de pedra na Galiza. Alfonso R. Castelao
75 cabodano da sinatura de As cruces de pedra na Galiza. Alfonso R. Castelao








