Regreso ao Museo Provincial de Lugo de dúas obras de Maruja Mallo

Este mércores 10 de abril retornaron ao Museo Provincial de Lugo dous retratos femininos de Maruja Mallo que se atopaban en préstamo na exposición “Al Bies. Las artistas y el diseño en la vanguardia”, celebrada no Museo Nacional de las Artes Decorativas entre o 20 de novembro de 2023 e o 31 de marzo de 2024.
Desde hoxe volven estar expostos na súa sala habitual, a sala 14 do MPL.
Tamén che pode interesar
O Museo Pazo de Tor, berce da museoloxía social
O Museo Pazo de Tor en Monforte de Lemos colleu un módulo formativo impartido por Eloisa Pérez Santos para avaliar o impacto real dos procesos de museloxía social na comunidade.


