Encontros de saberes compartidos na Rede Museística

Arredor de Rosalía

Esta proposta forma parte de:  Foro expandido de Museoloxía Social

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando:  23/02/2024
ás 19.00h.

Formato: Presencial

O venres, 23 de febreiro, ás 19:00h. para celebrarmos o Día de Rosalía  no Museo Provincial de Lugo convocámoste a un Diálogo de Saberes ‘Arredor de Rosalía de Castro’ no que van participar  a deputada delegada de Cultura da Diputación de Lugo, Iria Castro Fernández; Pilar García Negro; Mª do Carme Fernández Pérez-Sanjulián; e Simón Vicente López como moderador.

Os diálogos de saberes naceron dentro do Foro Expandido de Museoloxía Social da Rede Museística Provincial de Lugo no ano 2023. Neles tratamos de reunirnos para charlar arredor dun tema común. Este será o segundo ano no que nos xuntamos para falar de Rosalía. Este ano poñeremos sobre a mesa a reivindicación pública e a denuncia de Rosalía contra a corta indiscriminada do bosque de Conxo para a construción do psiquiátrico. Ademáis, conversaremos arredor do seu retrato, vencellado á esfera do feminino e á saúde mental a través do proxecto de “Soterradas: a vida tralos labirintos mentais”.

Durante toda a xornada e como xa vén sendo habitual,  os catro museos da Rede Museística Provincial – o Museo de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Pazo de Tor e o Fortaleza de San Paio de Narla- agasallarán ás visitas un caravel e unha lámina conmemorativa cun deseño da ilustradora Sandra Lodi, acompañado dos versos do popular poema “Alborada” (Cantares Galegos, 1863)

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes