Regreso das obras de Maruja Mallo ao Museo Provincial de Lugo

dos operarios transportando una obra de maruja mallo desde el camión hasta el museo de lugo

Tras a finalización da exposición temporal no Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía o pasado 16 de marzo de 2026, as cinco obras de Maruja Mallo cedidas para a mostra incorpóranse de novo á colección permanente do Museo Provincial de Lugo. Este regreso pon fin ao intercambio institucional que permitiu exhibir temporalmente na sala 14 tres pinturas do primeiro terzo do século XX procedentes do MNCARS: Jesús, Marta y María de Julia Minguillón, Humos helados / Paisaje abstracto de Benjamín Palencia e Florero de Victoria Malinowska. Coa recuperación destas pezas, o museo restablece o seu discurso expositivo orixinal sobre as vangardas históricas e o diálogo artístico entre a obra de Mallo e outros autores como Castelao ou Colmeiro.

Vídeo do  regreso

Comparte nas túas redes