RGF Catálogo General
(1961-2022)

Público: Comunidade artística
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo
Cando: 20/12/2023
ás 19:00h.
Formato: Presencial
O día 20 de decembro ás 19:00h presentarase no Museo Provincial de Lugo os tres primeiros tomos do Catálogo Xeral de RGF (1961-2022), unha edición limitada de 100 exemplares asinados que inclúen 1200 páxinas e 8500 reproducións en cor xunto a unha obra orixinal incluída no tomo III.
Hai que resaltar que é moi pouco habitual atopar catálogos destas características, moi poucos/as artistas contemporáneos/as contan cun catálogo xeral realizado mentres están en activo. Atopámonos ante catálogo excepcional, froito dun gran traballo de investigación previo e que conta coa catalogación de Javier Mazorra e textos de Antonio Garrido, Pedro Taboada, Julio Perez Manzanares, entre outros.
Os tres tomos que se presentan en Lugo contan tamén con edición dixital e durante o acto poderase facilitar a ligazón para acceder a cada un deles. Actualmente está en proceso o IV tomo do catálogo que de momento soamente terá edición dixital. O catálogo fíxose coa colaboración da Rede Museística Provincial de Lugo, o Museo de Belas Artes da Coruña e a galería Leandro Navarro de Madrid.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Regreso das obras de Maruja Mallo ao Museo Provincial de Lugo
Regreso das obras de Maruja Mallo ao Museo Provincial de Lugo


