Rodríguez Osorio.
Rodríguez Osorio.
A memoria e o presente

dende o 26/09/2025 ata o 02/11/2025
Co gallo do 30 aniversario do pasamento de Eduardo Rodríguez Osorio (Chantada, 1920 – Madrid, 1995), artista que foi pensionado pola Deputación Provincial de Lugo para estudar na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando en 1942, o Museo Provincial de Lugo organiza esta exposición cos seguintes obxectivos:
-
Contribuír ao estudo e difusión da obra de Eduardo Rodríguez Osorio para xerar novos contidos e transferilos á sociedade.
-
Lembrar aos artistas lucenses que foron pensionados pola Deputación de Lugo.
-
Transmitir á sociedade o coñecemento do patrimonio artístico e dos nosos creadores para promover e difundir a súa obra.
-
Divulgar publicamente o coleccionismo particular aplicado ao patrimonio cultural galego dentro do programa “Coleccionismo e museos. MPL. 2025”.
-
Promover a socialización do patrimonio a través dun museo público.
Esta mostra forma parte do programa “Coleccionismo e museos” que o MPL está a desenvolver en 2025, como exemplo de colección monográfica derivada da produción artística dun creador conservada pola súa familia.
Cabe destacar, ademais, que na imaxe de difusión da exposición figuran dous persoeiros para a lembranza: o propio escultor Rodríguez Osorio e o que foi director do MPL, Manuel Vázquez Seijas, a quen o artista está modelando nun busto que actualmente se atopa exposto na colección permanente do MPL.


