Rompe o silencio. Non hai escusa

25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Cando: Dende o 25/11/2023

Formato: Presencial

O 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, marca o inicio da nova interacción posta en marcha pola Rede Museística Provincial de Lugo.

A acción en rede “Rompe o silencio. Non hai escusa” ten como obxectivo mobilizar a todas as persoas para que se convertan en activistas, se solidaricen coa defensa dos dereitos das mulleres e nenas e apoien desde o museo os movementos feministas para evitar o retroceso dos dereitos dunha parte da sociedade co fin de conseguir un mundo libre de violencia de xénero.

A violencia contra a muller e as nenas segue a ser unha das violacións dos dereitos humanos máis estendidas e xeneralizadas do mundo. Calcúlase que 736 millóns de mulleres, case unha de cada tres, foi vítima de violencia física e/ou sexual, polo menos, unha vez na súa vida.

A interacción participativa “Rompe o silencio. Non hai escusa” está formada por un altofalante no que as persoas que o desexen poidan manifestar os seus sentimentos, opinións e/ou experiencias, un photocall no que dar visibilidade á loita contra a violencia de xénero e diferentes frases con escusas para rachar.

Únete!
Convidámoste a achegarte ao museo que teñas más preto e formar parte da acción que podes axudarnos a difundir nas redes sociais a través dos cancelos #rompeosilencio #nonhaiescusa #rmpl

O material da iniciativa estará a disposición, ao longo todo o ano, de Concellos, colexios e institutos da provincia de Lugo. As solicitudes deberás realizarse a través do correo electrónico concertacionsrmpl@gmail.com

Galería

Tamén che pode interesar

“Da Sementeira”

"Da Sementeira" Arte, natureza e territorio. Residencias artísticas de conciliación familiar

Comparte nas túas redes