Sacra Festival
Programación expandida

Temática: Identidade, memoria e territorio |
Público: Mocidade
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Dende o 14/07/2023
Ás 19:00
Formato: Presencial
Recuperamos a proramación que estaba prevista para o 2 de xuño no Pazo de Tor e que tivo que ser aprazada por mor das condicións climatolóxicas, referimonos en concreto á programación Expandida do Sacra Festival.
Sacra Festival é un festival que propón unha conexión entre a arte, a natureza e a música nunha contorna privilexiada como a Ribeira Sacra. Cada ano elíxense diferentes espazos singulares e especiais para realizar a programación.
A razón de ser do festival é seguir avivando esa chama cultural que une as orixes galegas destes lugares máxicos da man de grandes artistas.
Sacra Festival é un encontro sostible, cultural e turístico para un número reducido de asistentes, xa que os espazos teñen aforos limitados. Queremos lembrar a importancia da sostibilidade para minimizar o impacto no medio ambiente e mantendo o ecosistema.
O día 14 de xullo a partir das 19:00 pm poderase disfrutar na contorna do Pazo de Tor das actuacións da Compañia 5S, Crnds, Allova e Sila Lua, acceso gratuíto ata completar o aforo.
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Encontro de cine con Sergi López no 20º aniversario do Pazo de Tor
Encontro de cine con Sergi López 20º aniversario do Pazo de Tor


