Sacra Festival

Programación expandida

Público: Mocidade

Onde se desenvolve:  Pazo de Tor

Cando: Dende o 14/07/2023
Ás 19:00

Formato: Presencial

Recuperamos a proramación que estaba prevista para o 2 de xuño no Pazo de Tor e que tivo que ser aprazada por mor das condicións climatolóxicas, referimonos en concreto á programación Expandida do Sacra Festival.

Sacra Festival é un festival que propón unha conexión entre a arte, a natureza e a música nunha contorna privilexiada como a Ribeira Sacra. Cada ano elíxense diferentes espazos singulares e especiais para realizar a programación.

A razón de ser do festival é seguir avivando esa chama cultural que une as orixes galegas destes lugares máxicos da man de grandes artistas.

Sacra Festival é un encontro sostible, cultural e turístico para un número reducido de asistentes, xa que os espazos teñen aforos limitados. Queremos lembrar a importancia da sostibilidade para minimizar o impacto no medio ambiente e mantendo o ecosistema.

O día 14 de xullo a partir das 19:00 pm poderase disfrutar na contorna do Pazo de Tor das actuacións  da Compañia 5S, Crnds, Allova e Sila Lua, acceso gratuíto ata completar o aforo.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

  • Un cartel promocional para o evento "O (RE)ENCONTRO" de residencias artísticas na Rede Museística, que terá lugar do 1 ao 8 de agosto. A imaxe principal do cartel é unha vista aérea dun campo verde con dúas estruturas circulares en forma de labirinto feitas de pedra. No ceo azul, e por toda a imaxe, hai iconas de copo de neve, cada unha co nome dun artista

O (re)encontro

O (re)encontro Estudio Aberto  Identidade, memoria e territorio

Comparte nas túas redes