Toca madeira, alza o voo

Cartel promocional da exposición táctil "Toca madeira, alza o voo". En primeiro plano, dúas mans, unha delas co polgar cara arriba, exploran a textura dunha escultura de madeira con relevos e ondulacións. O texto indica que a mostra se celebra no Museo Tiflológico da ONCE do 7 de outubro de 2025 ao 12 de abril de 2026. Na parte inferior, aparecen os logotipos de Deputación de Lugo, Cultura, Rede Museística Provincial de Lugo, ONCE e Grupo Social ONCE.

A Rede Museística Provincial de Lugo presenta unha nova exposición  como parte do seu programa de investigación educativa. A mostra, titulada “Toca madeira, alza o voo”, reúne unha coidada selección de obras escultóricas pertencentes á colección do Museo Tiflológico da ONCE. Nela, poderanse ver pezas realizadas tanto por artistas con discapacidade visual grave como por aqueles que non a teñen, unidas todas por un fío condutor común: a capacidade de alzar o voo fronte ás adversidades.

A metáfora de “alzar o voo” simboliza o progreso, a liberación e a valentía para superar os obstáculos da vida. A través destas esculturas, convídasenos a reflexionar sobre o crecemento persoal, a aprender das experiencias, incluso das máis desafiantes, e a tomar o control do noso propio camiño con determinación. Con esta iniciativa, buscamos resaltar a capacidade do ser humano para superar dificultades e concienciar sobre a discapacidade na nosa sociedade.

A inauguración terá lugar o 7 de outubro no Museo Provincial de Lugo ás 12:00 h.

Descarga o catálogo

Cartel promocional da exposición táctil "Toca madeira, alza o voo". En primeiro plano, dúas mans, unha delas co polgar cara arriba, exploran a textura dunha escultura de madeira con relevos e ondulacións. O texto indica que a mostra se celebra no Museo Tiflológico da ONCE do 7 de outubro de 2025 ao 12 de abril de 2026. Na parte inferior, aparecen os logotipos de Deputación de Lugo, Cultura, Rede Museística Provincial de Lugo, ONCE e Grupo Social ONCE.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes