Unha historia de Nadal
Unha historia de Nadal
Obradoiro
Desde a Rede Museística Provincial de Lugo, convidamos aos máis novos a mergullarse nas tradicións e historias que rodean o Nadal en diferentes culturas do mundo. A través dun percorrido único polas coleccións do Museo Provincial de Lugo, exploraremos como se celebran estas datas en distintas latitudes, descubrindo costumes, protagonistas e simbolismos propios de cada cultura.
Como colofón, construiremos de maneira colaborativa unha árbore de Nadal intercultural, un símbolo de diversidade e apertura que reflicte a riqueza cultural destas festas ao redor do globo.