“Unha semblanza da conservación patrimonial galega a través de Villaamil y Castro”

Mesa redonda

26/06/2025 ás 19:00h.

O MPL organiza, ao abeiro da exposición “A colección Villaamil y Castro no Museo Provincial de Lugo”, a mesa redonda “Unha semblanza da conservación patrimonial galega a través de Villaamil y Castro”. Nela exporase o papel do persoeiro na súa etapa vital en Mondoñedo e en Lugo, ademais de introducir a relevancia do coleccionismo na valoración do patrimonio en Galicia durante a segunda metade do s. XIX, co fin de xerar un debate participativo ao respecto.

Participan:

Antonio Prado Gómez (Profesor e escritor): “José Villaamil y Castro en Lugo, unha obriga académica”.

Abel Vigo García (Arqueólogo no concello de Mondoñedo): “Villaamil: o arqueólogo”.

Erea Castro Alfonso (Conservadora no Museo de Pontevedra): “Tras as pegadas do coleccionismo en Galicia: A contribución de José  Villaamil y Castro”.

Modera:

Aurelia Balseiro García (Directora do Museo Provincial de Lugo).

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes