Visita guiada á exposición Habitar o Baleiro
con Brais Lorenzo

10/04/2025 ás 19:30
30 persoas
A Rede Museística Provincial de Lugo convida a todas as persoas interesadas a participar nunha visita guiada á exposición Habitar o Baleiro, a cargo do seu autor, o fotógrafo Brais Lorenzo. O evento terá lugar o vindeiro 10 de abril ás 19:30.
A exposición Habitar o Baleiro afonda na desaparición dun xeito de vida en Galicia que, día a día, esvaécese ante os nosos ollos. A través dun impactante testemuño fotográfico, Brais Lorenzo documenta a realidade dun rural en transformación: aldeas que se esmorecen, pero tamén novos modos de habitar que reinterpretan o territorio e lle outorgan outro significado ao concepto de baleiro.
En Galicia, preto de 2.000 aldeas xa quedaron sen habitantes, mentres outras seguen camiño da desaparición. O despoboamento afecta, sobre todo, ás zonas de montaña como Os Ancares, O Courel, o macizo central ourensán ou Trevinca, onde a poboación se reduciu nun 70% nos últimos 60 anos. Nesa ausencia, xorden novos elementos que mudan a paisaxe e a vida destas terras: parques eólicos, paneis solares e incendios forestais. Mais, dentro do baleiro, persisten historias de resistencia, esperanza e novas formas de convivir co territorio.
A visita guiada será unha oportunidade única para coñecer de primeira man a mirada do autor sobre este proceso de cambio, entender o contexto das imaxes e reflexionar sobre o futuro do rural galego.
Data e hora: 10 de abril ás 19:30
Lugar: Museo Provincial de Lugo
Prazas limitadas: 30 persoas
Inscrición: Enviar un correo a concertacionsrmp@gmail.com