Xornadas Internacionais sobre Educación e Museos

cartaz das xornadas internacionais sobre educacion e museos

Cando: Dende o 03/07/2024
ao 05/07/2024

Formato: Presencial

A Rede Museística Provincial acollerá do 3 ao 5 de xullo as Xornadas Internacionais sobre museos e educación, na que se exporán experiencias para difusión de patrimonio e cumprimento dos dereitos culturais desenvolvidas nunha decena de museos do Estado.

No encontro, con sede compartida entre varios museos Rede Museística Provincial de Lugo, daranse a coñecer materiais e estudos que se veñen desenvolvendo nestes meses por parte dunha ampla rede de investigadores universitarios, profesorado de secundaria e xestoras de museos, que teñen como obxectivo promover mudanzas no enfoque da educación tradicional con novas narrativas creadas a partir do patrimonio dos distintos museos.

Museos e universidades implicadas no proxecto

A Rede Museística Provincial participa no proxecto xunto ao Museo Nacional do Prado, o Museo Arqueolóxico Nacional, o Museo Nacional de Altamira, o Museo Nacional de Arqueoloxía Subacuática, a Rede Museística de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo San Paio de Narla, Museo Pazo de Tor, Museo Provincial do Mar), o Museo de Pontevedra, o Museo do Pobo Galego, os Museos do Concello de Vigo, o Museo Arqueolóxico de Alicante e o Museo da Memoria de Andalucía. Desde o ámbito universitario, ademais da Universidade de Murcia, que coordina a iniciativa, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Valladolid, Universidade de Castela A Mancha, a Universidade de Granada, a Universidade de Almería e a Universidade de La Laguna.

Os museos achegaron ao proxecto unha selección de obras que, pola súa temática, autoría ou cronoloxía, permiten abordar temáticas sociais como a diversidade funcional, o papel da escravitude na situación das persoas racializadas, a diversidade sexual e de xénero, as migracións, os dereitos laborais, os roles de xénero e os coidados ou a influencia da tecnoloxía, entre outras.

En función desa escolma de obras, deseñaronse situacións de aprendizaxe para aplicar nas aulas e, posteriormente, avaliar o seu impacto no alumnado. Esa transferencia de coñecemento articulouse a través dun curso en liña dirixido a docentes de secundaria que se desenvolveu no mes de febreiro.

Os materiais e estudos creados no desenvolvemento do proxecto exporanse durante as xornadas do vindeiro mes de xullo, que recoñecen á Rede Museística Provincial de Lugo como un referente na museoloxía social ao tempo que ofrecen unha nova oportunidade para ampliar e promocionar as obras e coleccións dos museos.

Ademais as xornadas, contará coa participación de Mario Chagas, presidente de MINOM, e da escritora Marilar Alexandre e da historiadora Ofelia Rey Castelao.

Xornadas Internacionais sobre museos e educación

Dirección:

Encarna Lago González, Rede Museística de Lugo
Belén Castro Fernández, Universidade de Santiago de Compostela
Cosme J. Gómez Carrasco, Universidade de Murcia
Pedro Miralles Martínez, Universidade de Murcia

Mércores 3 de xullo de 2024Lugar: Museo Provincial de Lugo

16:30 Presentación
Efrén Castro Caloto, Vicepresidente da Deputación de Lugo
Iria Castro Fernández, Deputada da Área de Cultura da Deputación de Lugo
Jordi Martí Grau Cosme, Secretario de Estado de Cultura
Encarna Lago González, Rede Museística Provincial de Lugo
Belén Castro Fernández, Universidade de Santiago de Compostela
J. Gómez Carrasco, Universidade de Murcia
Pedro Miralles Martínez. Universidade de Murcia

17:00 Relatorio inaugural.
María Pilar Jiménez Aleixandre
Premio Nacional de Narrativa 2022 / Universidade de Santiago de Compostela
Presenta: Cosme J. Gómez Carrasco, Universidade de Murcia

17:30 Conversacións, conexións e confluencias para traballar sobre migracións, diversidade funcional, e persoas en risco de exclusión

Coordinarán as conversas:
Encarna Lago González, Rede Museística Provincial de Lugo
Pilar Alcántara Peyres, Museo Nacional de Arqueología Subacuática
Eloisa del Alisal Sánchez, Museo de la Memoria de Andalucía
Ramón Cózar Gutiérrez, Universidad de Castilla-La Mancha
María del Mar Simón García, Universidad de Castilla-La Mancha

20:30 Fin da sesión

Xoves 4 de xullo de 2024Lugar: Pazo de Tor

10:00 Relatorio

Ofelia Rey Castelao
Premio Nacional de Historia 2022 / Universidade de Santiago de Compostela
Presenta: Camilo Fernández Cortizo, Universidade de Santiago de Compostela

10:30 Conversacións, conexións e confluencias para traballar sobre desigualdade económica e social.

Coordinarán as conversacións:

María Jesús Rubio Visiers, Museo Arqueológico Nacional
Gema Sala Pérez, Museo Arqueológico de Alicante
Marcos Rebollo, IES Valle del Saja, Cabezon de la Sal (Cantabria)
Juan Ramón Moreno, Universidad de Murcia
Isabel Víctor, Museu Sporting

12:00 Conversacións, conexións e confluencias para traballar sobre igualdade de xénero

Coordinarán as conversacións:

Ana Moreno Rebordinos, Museo Nacional del Prado
Asunción M. Martínez Llano, Museo Nacional y Centro de Investigación de Altamira
María Sabiote Gonzalez, IES Miguel Herrero (Cantabria)
María de la Encarnación Cambil Hernández, Universidad de Granada
Mario Chagas, Museo de la República, Brasil – MINOM

14:00 Fin da sesión

16:00 Territorio, patrimonio e comunidade.

Visita a Pincelo e Cabo do Mundo.

20:00 Presentación do libro “Educación histórica e museos. Actividades e situacións de aprendizaxe para o cumprimento de dereitos culturais”
Ramón López Facal, Universidade de Santiago de Compostela
Encarna Lago González, Rede Museística de Lugo
Cosme J. Gómez Carrasco, Universidad de Murcia
Marcos Rebollo, IES Valle do Saja, Cabezon de la Sal (Cantabria)

21:00 Fin de sesión

Venres 5 de xulloLugar: Museo fortaleza San Paio de Narla

9:30 Conversacións, conexiónss e confluencias para traballar sobre conflito e memoria democrática.

Coordinarán as conversacións:

Sabela Santos Filgueira, Museo de Pontevedra
Alfonso Cebrián Rey, IES Bachiller Sahuco (Albacete)
María del Mar Felices de la Fuente, Universidad de Almería
José Manuel Rey, Servicio de Museos. Concello de Vigo
Miguel Ángel Cajigal, Fundación Cidade da Cultura de Galicia

12:00 Clausura xornadas

12:30 Fin xornadas

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes