XXI Xornadas pedagóxicas
A educación na RMPL centrada nos vínculos. Territorio, patrimonio e comunidade: educar no rural.
Temática: Educación e mediación
Esta proposta forma parte de: Soterradas
Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo | Museo-Fortaleza San Paio de Narla | Pazo de Tor
Cando: 3, 5, 24 e 25 de maio de 2023
Formato: Presencial
A Rede Museística defende o museo social, sostible, igualitario e inclusivo. Promove os museos sempre en construción como espazos socioafectivos, lugares de vida e de convivencia para todas as persoas. Así pois, considéranse os museos como axentes de transformación social a través da educación e para conseguilo hai que dialogar coa comunidade, poñer as persoas no centro e darlles voz.
Esta necesidade queda recollida na LOMLOE no artigo 82 “Igualdade de oportunidades no ámbito rural” onde se indica: “As administracións educativas prestarán especial atención aos centros educativos no ámbito rural, considerando as peculiaridades do seu entorno educativo e a necesidade de favorecer a permanencia no sistema educativo do alumnado das zonas rurais máis alá da ensinanza básica. A tal efecto, as administracións educativas terán en conta o carácter específico da escola rural proporcionándolle os medios e sistemas organizativos necesarios para atender a súas necesidades particulares e garantir a igualdade de oportunidades”.
Por todo o anterior, consideramos imprescindible reforzar os vínculos dos museos da Rede Museística coa comunidade educativa e ofrecer un plan de formación que axude a cumprir o obxectivo de que o profesorado conte cunha formación específica para a educación nos territorios rurais.
Programa
1ª xornada: 3 de maio de 2023
Lugar: Museo Provincial de Lugo
16:00-16:15h.-Presentación das xornadas e entrega de material.
16:15-17:30h.-A escola imaxinada. Unha pedagoxía creativa do lugar, por Salvador Cidrás e Vicente Blanco, artistas plásticos, profesores da área de Expresión Plástica da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo e promotores do grupo de innovación educativa Escola Imaxinada.
17:30-18:15h.-Escola rural: soño ou realidade, por Alejandro González Méndez, mestre de Ensino Primario e responsable do CEIP Eduardo Cela Vila de Triacastela e Noelia Pillado Fraga, mestra de Ensino Primario e responsable do CEIP de Samos.
18:15-18:450h.-Descanso
18:45-20:00h.-Introdución á programación escolar do MPL a través de casos prácticos, a cargo dos auxiliares de sala dos departamentos de Didáctica e Atención ao Visitante da RMPL.
2ª xornada: 5 de maio de 2023
Lugar: Museo Fortaleza San Paio de Narla
16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Fortaleza San Paio de Narla
16:45-18:00h.-A educación patrimonial centrada nos vínculos, por Olaia Fontal Merillas, doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Oviedo, directora do Observatorio de Educación Patrimonial en España.
18:00-19:00h.-A programación escolar do Museo Fortaleza San Paio de Narla, a cargos dos auxiliares de sala da RMPL.
19:00-20:00h.-Debate e clausura
20:15h.-Regreso a Lugo.
3ª xornada: 24 de maio de 2023.
Lugar: Museo Pazo de Tor
16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor
16:45-17:30h.-Educar para a utopía, por Gemma Carbó, doutora en Ciencias da Educación, directora do Museu Vida Rural da Fundación Carulla (L’Espluga de Francolí, Tarragona) e presidenta de INTERARTS
17:30-18:15h.-Relecturas do patrimonio etnográfico desde a educación no Museo do Pobo Galego, por Ana Estévez Lavandeira, responsable de Educación e Acción Cultural do Museo Pobo Galego.
18:15.- Descanso
19:00-19:45h.-Debate e clausura
20:00h.-Regreso a Lugo.
4ª xornada: 25 de maio de 2023
Lugar: Museo Pazo de Tor
16:00-16:45h.-Saída de Lugo e viaxe ao Museo Pazo de Tor
17:00-18:15h.-A programación escolar dos museos da Rede Museística a cargo dos auxiliares de sala da RMPL.
18:15.-Descanso
19:00- 19:45h.-Debate e clausura
20:00h.-Viaxe de clausura
INSCRICIÓNS
Dirixido a docentes, profesionais dos museos e estudantes.
Inscricións abertas ata completar aforo.
Máis información concertacionsrmp@gmail.com