XXIII Xornadas Pedagóxicas RMPL
Museos situados. Educación e territorio

A Rede Museística Provincial de Lugo xunto có CFR de Lugo organiza unhas xornadas formativas dirixidas ao profesorado co obxectivo de promover unha educación inclusiva, sostible e enraizada no territorio, a través das actividades e contidos dos seus museos.
Estas sesións desenvolveranse os días 7, 14, 15 e 23 de maio, en diferentes museos da rede, e combinarán mesas de experiencias educativas, visitas guiadas e espazos para o diálogo e a reflexión.
Obxectivos das xornadas
-
Explorar, coñecer e transmitir os saberes do rural como parte intrínseca do ser comunitario.
-
Crear e fortalecer no alumnado o sentimento de orgullo polo propio e a pertenza a un territorio maiormente rural.
-
Dinamizar o coñecemento desde a acción e a cooperación coas persoas que habitan o territorio e cos axentes sociais e educativos.
Contidos principais
-
A educación en contextos rurais como escenario de cambio cara a unha educación inclusiva.
-
Os museos como institucións para a dinamización do territorio: retos e desafíos.
-
Museos e educación patrimonial: contextos para a innovación e a inspiración de valores.
-
O valor educativo dos museos a través das súas propostas didácticas.
-
Internet como medio para a salvagarda do patrimonio.
Programa das xornadas
📍 Mércores, 7 de maio – Museo de San Paio de Narla
Tema: Memoria común, patrimonio e territorio
-
16:00 h | Saída de Lugo
-
16:45 h | Presentación das xornadas e entrega de material
-
17:00 h | Mesa compartida:
-
CEIP San Miguel de Reinante – “Explorador@s por Barreiros”
-
CEIP Francisco López Estrada – “Cartas de Ultramar”
-
-
18:15 h | Conversa e debate
-
18:30 h | Mesa compartida:
-
IES San Rosendo e a RMPL: conexións educativas
-
Asociación REBINXE: educación, biodiversidade e comunidade local
-
-
19:45 h | Visita guiada: Gorrións contra falcóns: Irmandiños, castelos e declive do sistema feudal en Galiza
-
20:30 h | Debate
-
21:00 h | Clausura
📍 Mércores, 14 de maio – Pazo de Tor
Tema: Universidade na acción educativa: investigación, sostibilidade e territorio
-
16:00 h | Saída de Lugo
-
17:00 h | Mesa compartida:
-
Alicia López Pardo – As mestras da Montaña. O movemento Freinet en Galicia
-
Bernardo Penabade – Palabra e Memoria
-
-
18:15 h | Conversa e debate
-
18:30 h | Visita guiada: Soterradas: a vida tras os labirintos mentais
-
19:15 h | Proxecto “Ciencia á Feira” – Grupo XuvenCiencia (USC)
-
19:50 h | Sergio Lago Varela – Presentación do novo Museo da Migración da RMPL
-
20:30 h | Debate
-
21:00 h | Clausura
📍 Xoves, 15 de maio – Museo de San Paio de Narla
Tema: Educación e xénero
-
16:00 h | Saída de Lugo
-
17:00 h | Carme Adán – Ensinar a mirar como acto feminista
-
17:30 h | Mesa compartida:
-
Belén Castro Fernández (USC – ICE)
-
Taller Daulloa – Cogami – Inevitable: diversidade sexual e de xénero
-
-
18:30 h | Conversa e debate
-
18:45 h | Caixas de aprendizaxe: Contos e sabores nas lareiras
-
19:15 h | Mesa compartida:
-
Museo Massó – O museo enfócase
-
Cooperativa AtaliAS – Feminismos no tempo
-
-
20:30 h | Debate
-
21:00 h | Clausura
📍 Venres, 23 de maio – Pazo de Tor
Tema: Do museo ao territorio: proxectos de comunidade
-
16:00 h | Saída de Lugo
-
17:00 h | Mesa compartida:
-
Centro de Arte FMJJ – Proxecto “Ecosistema”
-
Museo del Prado – Proxecto “Del valle al Prado: representación y autorepresentación de las mujeres rurales en el arte.”
-
-
18:15 h | Conversa e debate
-
18:30 h | Visita guiada: Do castelo ao pazo: foros e privilexios da fidalguía
-
19:15 h | Museo do Mar de San Cibrao – Facemos territorio
-
19:45 h | Imma Boj (Museu d’història de la immigració de Catalunya) – Cartografías compartidas
-
20:30 h | Debate
-
21:00 h | Clausura