Unha obra depositada polo Museo Nacional do Prado no Museo Provincial de Lugo participa na exposición “Arte y transformaciones sociales en España (1885-1910)”

“A defensa da choza” de Antonio Fillol Granell, depósito do Museo Nacional do Prado no Museo Provincial de Lugo, atópase en préstamo na exposición “Arte y transformaciones sociales en España (1885-1910)”, que se pode visitar no MNP ata o 22 de setembro.

Esta mostra, comisariada por Javier Barón, aborda temáticas que reflicten as transformacións sociais que tiveron lugar en España entre 1885 e 1919, tales como o traballo industrial e o da muller, a educación, a enfermidade e a medicina, os accidentes laborais, a prostitución, a emigración, a pobreza e a marxinación étnica e social, o colonialismo, as folgas o anarquismo e as revolucións obreiras; así como outros temas de longa tradición que neses momentos foron plasmados baixo un prisma novo: o traballo no campo e no mar, a relixión e a morte.

Máis información

Comparte nas túas redes