A mariña salvase loitando

Público: Mocidade

Esta acción forma parte de: Amar a mar

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Dende o 30/10/2020

Presencial e online

A Mariña sálvase loitando” é o berro dos traballadores e traballadoras de Alcoa, a voz dunha comunidade en pé loitando polo seu futuro. Por iso este será un espazo colaborativo destinado a accións co tecido asociativo e a comunidade educativa da Mariña. Conta coa participación do IES San Rosendo de Mondoñedo, co seu proxecto “Amar o mar”. A partir dun obradoiro de fotografía impartido por Gabriel Tizón, o alumnado retratará ás mulleres das súas vidas, verdadeiras protagonistas da nosa intrahistoria.

Podcast Amar a mar do IES San Rosendo
Presentación de “A Mariña Salvase Loitando” IES SAn Rosendo

Visita virtual

Tamén pode interesarlle

  • videos de facebook de mulleres ao salseiro

Mulleres ao salseiro

Paroladas con mulleres de toda a comarca da mariña lucense. Dende a costa ata o interior. acción complementaria ao programa Amar a mar