III Encuentro Patrimonio de Proximidad. Redactívate

Educar desde el patrimonio

Onde se desenvolve: Sevilla

Cando: 8 e 9 de novembre

Formato: Presencial e en liña

A Rede Museística Provincial de Lugo estará presente no “III Encuentro Patrimonio de Proximidad. Red Actívate” que se celebrará en Sevilla entre os días 8 e 9 de novembro.

Os Encontros son espazos de debate, organizados polo Instituto Andaluz do Patrimonio Histórico (IAPH), para visibilizar as iniciativas e as comunidades de axentes implicadas na activación do patrimonio cultural desde o local para reflexionar e sobre todo, para crear redes, compartir coñecementos e experiencias.

Este ano quérese poñer o acento nun dos ámbitos de debate da anterior edición: a educación e o patrimonio. Tal como se citou no II Encontro patrimonio de proximidade: os coidados do patrimonioo concepto patrimonio cultural estaba a quedarse pequeno e para levalo ao límite é necesario pensar en acompañamento, en proxectos integrais de educación patrimonial, en proxectos comunitarios, en redes e persoas. A educación desde o patrimonio é un proceso híbrido, formal e non formal, un proceso activo e de longo percorrido, de ida e volta, de descubrimento, coa participación comunitaria…” (Anxo Portolés II Encontro Patrimonio de Proximidade, 2021). En resumo a identificación das comunidades e a súa participación no proceso patrimonial desde a educación protagonizará o III Encontro.

Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo, e Ángeles Miguélez, encargada de auxiliares de sala, intervirán o día 8 nos Encontros con “Receitas (non para todos) sobre accesibilidade, inclusión, igualdade e sustentabilidade para unha (di)xestión patrimonial.

A asistencia é aberta e gratuíta ata completar aforo, só é necesario enviar un correo a esta dirección indicando o interese e a modalidade, presencial ou en liña. redactivate.iaph@juntadeandalucia.es

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes