A RMPL presente nun curso de formación sobre patrimonio e Recursos de Museos

Encarna Lago, xerente da RMPL; Ángeles Miguélez, encargada de auxiliares de sala; e José Urbano, auxiliar de sala, participaron como relatoras o día 28 de febreiro no curso de formación “Patrimonio e Recursos de Museos para comprender a desigualdade e as narrativas alternativas” organizado polo  proxecto Proba Concepto. Este proxecto é unha colaboración do que forman parte universidades, profesores de secundaria e trece museos.

Na súa presentación falaron sobre museos accesibles, inclusivos e sostibles; poñendo o foco precisamente nos museos que pertencen a Rede Museística Provincial. Podes ver a súa intervención no vídeo que incluímos nesta entrada, e descargar a súa presentación no apartado de ligazóns de interese.

Video

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes