A RMPL presente nun curso de formación sobre patrimonio e Recursos de Museos
Encarna Lago, xerente da RMPL; Ángeles Miguélez, encargada de auxiliares de sala; e José Urbano, auxiliar de sala, participaron como relatoras o día 28 de febreiro no curso de formación “Patrimonio e Recursos de Museos para comprender a desigualdade e as narrativas alternativas” organizado polo proxecto Proba Concepto. Este proxecto é unha colaboración do que forman parte universidades, profesores de secundaria e trece museos.
Na súa presentación falaron sobre museos accesibles, inclusivos e sostibles; poñendo o foco precisamente nos museos que pertencen a Rede Museística Provincial. Podes ver a súa intervención no vídeo que incluímos nesta entrada, e descargar a súa presentación no apartado de ligazóns de interese.
Video
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Obradoiro colectivo “En tempo presente”
"En tempo presente" (Ou sobre como amasar os tempos na xestión de museos)