“En tempo presente”
(Ou sobre como amasar os tempos na xestión de museos)
Temática: Museoloxía social | Educación e mediación
Esta proposta forma parte de: Estratexias de Museoloxía Social 2024
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
02/09/202410:30am a 18:30pm
Formato: Presencial
Unha xornada intensiva, facilitada por Leonardo Casado e Violeta Bronstein, na que se realizará un exercicio de reflexión crítica e imaxinación colectiva para abordar o concepto de tempo e as súas condicionantes na xestión de proxectos, prácticas educativas e investigacións en museos e espazos culturais. Esta actividade forma parte do programa Estratexias de Museoloxía Social 2024 da Rede Museística Provincial de Lugo, xunto co ciclo de conversas celebrado “Investigar e aprender no museo: outro tempo”, dispoñible para todo o mundo na web da Rede neste enlace.
Detalles do Obradoiro Presencial
Este obradoiro presencial estará facilitado por dúas figuras profesionais destacadas: Leonardo Casado e Violeta Bronstein. A receita do día está organizada en 4 momentos:
- Pensando coas mans: Experiencia colectiva arredor do pan, dos tempos e do facer nos museos.
- Boas migas: Charlas e intercambio de saberes entre participantes.
- Estamos ao forno: Obradoiro creativo de xestión do tempo no deseño e realización de proxectos.
- Da artesa á mesa: Fermentación compartida dun rexistro colaborativo de ferramentas, ideas e propostas para outro amasado de tempos no museo.
Dentro das institucións museísticas, a dimensión do tempo é unha constante que á súa vez se fai imprescindible para interrogar. Un proxecto educativo, un posteo, unha curaduría, unha visita ou unha investigación están atravesados por tensións que esta variable pon en xogo. A súa percepción, medición e construción pode variar entre a perspectiva das visitantes e dos equipos que xestionan cada proxecto.
Obxectivos da Xornada
- Promover espazos de intercambio transdisciplinar arredor do concepto tempo no museo a partir do facer compartido.
- Explorar técnicas e ferramentas para a xestión de proxectos, a partir de reflexións sobre procesos, tempos e metodoloxías de traballo.
- Fortalecer unha comunidade de práctica e colaboración entre colegas de diferentes museos da rede e da rexión.
Información Adicional
- Participación: Gratuíta.
- Recomendacións: Aberta a persoas vinculadas ao ámbito museístico, así como doutros contextos culturais e ámbitos próximos, como a mediación social ou a educación, entre outros.
- Prazas Limitadas: É necesario cubrir o formulario como solicitude de praza. A confirmación será enviada con suficiente antelación ao correo electrónico proporcionado.
- Inscrición: Aberta ata finais do mes de agosto ou ata peche de prazas.