A Tabula Hospitalis do Museo Provincial de Lugo participará nunha exposición da Fundación las Edades del Hombre
A Tabula Hospitalis (28 d. C.), unha das pezas arqueolóxicas senlleiras do Museo Provincial de Lugo e máis representativas da romanización do Noroeste peninsular, formará parte da exposición “Hospitalitas. La gracia del encuentro / A graza do encontro”, organizada pola Fundación las Edades del Hombre.
A mostra terá lugar entre o 12 de xuño e o 30 de novembro en Santiago de Compostela e Villafranca del Bierzo, sendo nesta última localidade onde estará exposta a obra do MPL, na Colexiata de Santa María.
Enlaces de interese
Información da exposición “Hospitalitas. La gracia del encuentro/ A graza do encontro”