[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra

Exposición

Esta acción forma parte de:  Da terra semente, dá semente terra  e   Soterradas

Onde se desenvolve:  Pazo de Tor

Dende o 13/08/2021 ata o 08/01/2023
En horario de apertura do Museo Pazo de Tor

Tras convivir no Pazo de Tor, nun formato de residencias baixo as premisas de crear, compartir e recuperar. Entendendo a terra como raíz e punto de conexión, partindo da memoria recollida e compartida, das persoas que custodian os relatos que constrúen o territorio, persoas que son patrimonio e que son museo. Para, en conxunto e desde a conversa, configurar e visibilizar novas perspectivas arredor desta contorna e das súas xentes.  As catro artistas presentan as súas reflexións nestes proxectos.

Carla Andrade
Proxecto: Apuntes para un proxecto do latexo do unánime e cego.

Eva Antelo
Proxecto: Irá a ti a montaña.

María Roja
Proxecto: Cada cana catro niños.

Tamara Wassaf
Proxecto: Herbas sobre o mantelo.

Galería

Enlaces de interese

Acción incluída en

[Da] Terra Semente [Dá] Semente Terra

Residencias de co-creación artística coa comunidade e contorna rural. As residencias [Da][Dá] “Da terra semente, dá semente terra” están motivadas pola necesidade de crear un espazo de conversa, creación e recuperación.

Comparte nas túas redes