Chichi Campos
Homenaxeado no Día da Ilustración 2024
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cando: 30/01/2024
Xesús Campos Álvarez (Chichi Campos), o homenaxeado no Dia da Ilustración a celebrar este 30 de xaneiro, desenvolveu a súa actividade fundamentalmente nos anos 70 e 80 do século pasado centrando a súa actividade no humor gráfico, pero tamén foi fundador da Galería de Arte Mestre Mateo, guionista, articulista, militante político, etc.
A publicación “O Campos 70″ que aquí lles amosamos e que forma parte dos fondos de Biblioteca do Museo Provincial de Lugo, está editada pola Fundación Luis Seoane co gallo da primeira retrospectiva celebrada en trinta anos, e recolle diversos traballos seus: debuxos, bosquexos e incluso textos.
Con estas verbas e esta imaxe tratamos de contribuír a dar visibilidade e recoñecemento a Chichi Campos, galego nado en Tenerife e falecido prematuramente o 26 de febreiro de 1991 con apenas 39 anos.
Blanca Pacín Somoza/ Responsable-Coordinadora Biblioteca Museo Provincial de Lugo
Tamén che pode interesar
Visitas técnicas guiadas á exposición “Pelúdez nos fondos arquivísticos do Museo Provincial de Lugo”
“Pelúdez nos fondos arquivísticos do Museo Provincial de Lugo” Visitas técnicas guiadas.