Dúas novas accións de proxección externa da RMPL

, en Portugal e Santiago de Compostela.

Cando: 20/11/2023

Formato: Presencial

Dúas novas citas para a proxección externa da Rede Museítica Provincial, ambas as o día 20 de novembro. A xerente da Rede, Encarna Lago González, estará presente en Santiago para falar ás 10 da mañá sobre “Experiencias de proxectos con mulleres do rural” abrindo así o ciclo de conferencias “Enrédate na cultura: tradición e artesanía son acción cultural” na facultade de de Ciencias da Educación da USC.

Ás 14.30h. será a quenda do V Encontro de Museus do Médio Tejo no que tamén participará Encarna Lago, neste caso online, nas sesións paralelas sobre Museos socialmente sustentables( inclusión social, cidadanía, democracia).

Dúas novas citas para seguir proxectando o modelo social da Rede dentro do mundo académico e profesional dos museos.

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes