Encontros no rural. Diálogo de saberes da RMPL

no MPLugo

Esta proposta forma parte de: I Foro expandido de Museoloxía Social

Onde se desenvolve: Museo provincial de Lugo

Cando: 25/01/2023
De 11:00 am a 13:00 pm

Formato: Presencial

O primeiro encontro será coa comunidade educativa no Museo provincial de Lugo o día 25 de xaneiro e tratará temas como os vínculos coa escola rural e a  programación escolar da Rede Museística Provincial de Lugo.

Encontros no rural. Diálogo de saberes” pretende o que a Rede Museística Provincial de Lugo leva anos poñendo sobre a mesa, a accesibilidade á cultura, o dereito á mesma e o Museo como espazo da comunidade.

Considerando que non se pode implantar un verdadeiro cambio sen contar coas comunidades e coas persoas que se ven directamente implicadas, expoñemos este proxecto como un espazo de conversa, reformulación e análise.

Continuando coa metodoloxía implantada pola RMPL de escoitar, recoller e transformar, presentamos un formato de encontros dinámicos, expandidos e compartidos coa comunidade

Encontros entre: profesionais da xestión cultural, profesionais de museos, a comunidade educativa, a comunidade artística e a comunidade local do territorio. Baixo o lema “Cara unha museoloxía 4D: social, ambiental, política e economicamente sostible” da XX Conferencia MINOM, coa mirada posta nas persoas e na necesidade de democratización, universalidade e accesibilidade da cultura, proponse este formato de encontros, co fin de pensar e repensar novos principios e estratexias sustentables.

Novas prácticas sustentables en todas as súas realidades —social, económica, política e ambiental —que desde a institución, os museos, os procesos de identidade, memoria e territorio, poñan en valor o patrimonio humano, cultural e natural do noso tecido social, configurando un espazo de reformulación, de cuestionamento e de crecemento, contando con todas as partes implicadas e necesarias para este cambio, as persoas.

De cada encontro xurdirá un podcast e un caderno de bitácora que recollerá os saberes compartidos.

Comparte nas túas redes