Eu son. Memoria das rapadas.
(RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?
Temática: Identidade, memoria e territorio | Xéneros e igualdade
Público: Maiores
Esta proposta forma parte de: (RE)coñecer? (Re)presentar? (Re)distribuír?
Onde se desenvolve: Museo Provincial de Lugo
Cando: Dende o 08/02/2024
ao 08/04/2024
Formato: Presencial
EU SON. Memoria das rapadas é un proxecto artístico expositivo, co propósito de recuperar a memoria das mulleres rapadas durante o réxime franquista. Na II República moitas mulleres que, segundo o novo Estado, transgrediran o seu papel de feminidade tradicional ou eran familiares de persoas significadas politicamente, foron vítimas durante a Guerra Civil Española e Postguerra dos violentos escarnios públicos que as degradaban e humillaban fronte a toda a poboación.
Para castigalas publicamente rapábaselles o pelo, dábaselles de beber aceite de rícino, un poderoso laxante, e eran “paseadas” polas rúas céntricas do pobo ou a cidade. Pero tamén había outra represión oculta como as violacións ou a morte. Estes castigos eran extraoficiais e non hai constancia documental, salvo nalgúns casos puntuais, que se foron documentando e expoñendo.
Por iso, Art al Quadrat, en 2018 realizou no Museo Valenciano da Ilustración e a Modernidade (MUVIM), unha exposición onde a arte contemporánea e a historia entrelázase o sufrimento destas vítimas nun exercicio de reparación colectiva e dignificación da memoria.
Tamén o día 8, ás 18:00h. no Museo Provincial de Lugo, haberá unha sesión de cinema-debate no que se proxectará a película documental “Sacar á luz. A memoria dás Rapadas” que contará coa presenza das autoras Gema e Mónica del Rey (Art al Quadrat). A este debate asistirán integrantes do cineclube Valle Inclán, así como as asociacións pola Dignificación de Víctimas do Fascismo (ADVF) e a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) de Lugo.
Comisariado: Anxela Caramés e Encarna Lago
Galería
Inauguración
Art al Quadrat falando do proxecto no canle de Mugarik Gabe
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Museos Humanos
Museos Humanos Temática: Xéneros e igualdade Público: Maiores