Fotografía a cegas V,
Museo de Arte Africano Arellano Alonso

Temática: Accesibilidade, integración e inclusión |
Esta proposta forma parte de: Fotografía a cegas
Onde se desenvolve: Museo de Arte Africano Arellano Alonso
Cando: Dende o 11/10/2023
Formato: Presencial
Para visibilizar desde a RMPL o Día Mundial da Visión, lévase ao Museo de Arte Africano Arellano Alonso de Valladolid a exposición Fotografía a Cegas. A inauguración será o 11 de outubro ás 17:30. Con este xa son 13 anos presentando en exposición o resultado dos talleres de fotografía para cegos nos que as imaxes acompáñanse do contexto como apoio e estímulo ao impulso, fotografía creativa desde unha experiencia sensorial. A edición deste ano leva por título “Olladas Sensibles”.
Encarna Lago destaca, “Reivindicamos proxectos que serven para a vida das persoas, proxectos de continuidade. A RMPL adaptou os postos de traballo para incorporar a persoas con discapacidade nunha aposta da Vicepresidencia por traballar a inclusión e a accesibilidade.”
Tamén che pode interesar
Percorrendo Fotografía a Cegas
Percorrendo Fotografía a Cegas 4 de decembro, ás 11:30 horas, no Museo Provincial de Lugo