Concerto de Galgo nos xardíns do MPL

Dentro do ciclo “Novas Músicas”

Concerto de Galgo nos xardíns do MPL

Esta proposta forma parte de: Programa de verán

17 de xullo

20:30

O vindeiro mércores 17 de xullo, ás 20.30 horas, os xardíns do Museo Provincial de Lugo converteranse no escenario perfecto para gozar da música do dúo asturiano Galgo. Esta actuación forma parte  do ciclo “Novas Músicas”  unha iniciativa que busca achegar ao público novos e vibrantes talentos do panorama musical galego, organizado pola asociación Tele-clube e que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Galgo, composto por Javier Bejarano e Verónica R. Galán, é un proxecto musical que explora as fronteiras entre a música ambiental, a electrónica experimental e o post-rock. O seu son, descrito como “bandas sonoras para películas que aínda non existen”, caracterízase pola súa profundidade emocional e a súa capacidade para crear paisaxes sonoras evocadoras e abstractos.

No seu concerto en Lugo, Galgo presentará as cancións do seu primeiro disco homónimo, un traballo que cultivou excelentes críticas pola súa orixinalidade e a súa capacidade para crear atmosferas únicas.

Enlaces de interese

Tamén che pode interesar

Comparte nas túas redes