I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:
Novas perspectivas.

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.
Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.
Obxectivo secundarios:
- O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
- Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
- Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
- Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
- Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
- Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.
Tamén lle pode interesar
O Museo Provincial de Lugo participa no “XVII Congreso Nacional de Numismática”
O Museo Provincial de Lugo participa no “XVII Congreso Nacional de Numismática”
Proxección externa da colección de ourivería antiga do MPL
Proxección externa da colección de ourivería antiga do MPL Profesionais
Actas do Congreso Internacional “Fotografía y Museo”
Presentadas a actas do Congreso Internacional “Fotografía y Museo” no que participou o MPL
A Tabula Hospitalis no catálogo da exposición “Hospitalitas”
A Tabula Hospitalis no catálogo da exposición “Hospitalitas" da Fundación Las Edades del Hombre
Obradoiro colectivo “En tempo presente”
"En tempo presente" (Ou sobre como amasar os tempos na xestión de museos)






