I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:
Novas perspectivas.

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.
Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.
Obxectivo secundarios:
- O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
- Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
- Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
- Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
- Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
- Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.
Tamén lle pode interesar
Corcosendo. A memoria das costureiras da Ulloa
Corcosendo A memoria das costureiras da Ulloa Temática: Identidade, memoria e
A RMPL presente na Xornada de formación sectorial do Servizo de Museos de Navarra
Coñecer 25 anos de RMPL “PII” Dando tempo ao tempo A
A RMPL presente no “II Encuentro ICOM España-CECA” no Museo del Prado
II Encuentro ICOM España-CECA Museos por la educación y la investigación
XXII Xornadas Pedagóxicas na RMPL
XXII Xornadas Pedagóxicas na RMPL Museos Situados: xestión, educación e territorio
Actas audiovisuais das VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense
Actas audiovisuais das VII Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense As villae na






