I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

Novas perspectivas.

cartaz I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.

Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.

Obxectivo secundarios:

  •  O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
  •  Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
  •  Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
  •  Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
  •  Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
  •  Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.

Tamén lle pode interesar

  • Autoretrato de Francisco Domingo Marqués. Obra de los fondos de la Academia de Bellas Artes.

Francisco Domingo Marqués

Tags: |

Ofrecemos nesta ocasión en Acordanzas un achegamento, realizado por Lucila Yáñez, á obra de Francisco Domingo Marqués cando se conmemora o centenario do falecemento deste artista valenciano

Eduardo Rodríguez Osorio

Tags: |

Nos cen anos do se nacemento recordamos en Acordanzas ao escultor lucense Eduardo Rodríguez Osorio (Esmeriz, Chantada 5 de marzo de 1920 – Madrid 25 de febreiro de 1995)

José Balaca e Carrión

Tags: |

Cúmprese o 150 aniversario da morte do pintor José Balaca e Carrión. Coincidindo con esta circunstancia, a Rede Museística Provincial dedícalle a súa sección Acordanzas e aproveita para considerar tamén a obra dos seus fillos Eduardo e Ricardo Balaca
  • Fotografía en cor no que se ve en primeiro plano a unha persoa facendo un selfie mentres move unha linterna na escuridade

Fotografía a Cegas III

Terceira edición de "Fotografía a cegas". Na que se traballará sobre a relación do Museo coa paisaxe que o rodea, no marco do DIM 2016 do ICOM

Comparte nas túas redes