I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

Novas perspectivas.

cartaz I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.

Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.

Obxectivo secundarios:

  •  O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
  •  Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
  •  Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
  •  Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
  •  Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
  •  Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.

Tamén lle pode interesar

Edgar Ribeiro

Tags: |

Nestas datas recordamos en Acordanzas a Edgardo Ribeiro Nario no 100 aniversario do seu nacemento. Un dos autores representados na colección de artistas de Uruguai e Arxentina que se conserva no Museo Provincial.

Laxeiro

Tags: |

A Rede Museística Provincial de Lugo, a través do seu programa Acordanzas, lembra ao pintor José Otero Abeledo, Laxeiro (Donramiro, Lalín 23 de febreiro de 1908 - Vigo 21 de xullo de 1996), de quen o presente ano cúmprense 25 anos da súa morte.

Facémonos escoitar?

Facemonos escoitar? recupera a memoria colectiva lucense vinculada á realidade LGTBIQA+, mediante un mapa sonoro xeolocalizado con diversas testemuñas

María Cagiao

Tags: |

A Rede Museística Provincial quere recordar a pintora galega María Cagiao nos 50 anos da súa morte, amosando unha obra que forma parte da nosa colección dende que se adquiriu o 4 de abril de 1963

Luis Peinó

Tags: |

Nesta ocasión en Acordanzas falamos de escultor lucense Luis Ferreiro Peinó (19 de maio de 1921- 13 de abril de 2004.) con motivo dos cen anos do seu nacemento.

Comparte nas túas redes