I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

Novas perspectivas.

cartaz I Xornadas sobre diversidade e afectivo sexual:

O grupo de traballo e comité organizador destas xornadas, impulsan esta proposta xunto coa Rede Museística Provincial de Lugo para iniciar un proceso formativo e informativo no que a aprendizaxe, o intercambio de experiencias, a reflexión e o debate social, sexan os eixos condutores para a implantación de prácticas sociais que dean resposta ás necesidades das persoas LGTBI+ do país. Do mesmo xeito, buscamos crear canles de colaboración coa Rede Museística de Lugo, sempre aberta e sensible ao diálogo, ao recoñecemento e respecto pola diversidade e a loita pola igualdade de oportunidades.

Obxectivo fundmental das xornadas:
Crear un foro de referencia na cidade e Provincia de Lugo no eido da diversidade afectivo-sexual, dende as ópticas educativa, cultural, socio-sanitaria e xurídica; achegando igualdade, respecto, rigor e acompañamento fronte ao odio, a represión e a limitación de dereitos crecente no momento actual.

Obxectivo secundarios:

  •  O fomento e apoio á diversidade como imperativo ético da nosa sociedade, como valor e como elemento a protexer.
  •  Promover actitudes críticas cara á discriminación e LGTBIfobia por exercer unha sexualidade ou identidade disidentes ou alternativas.
  •  Visibilizar non só os contextos nos que as persoas o colectivo LGTBIQA+ transitan a diario, senón tamén as boas prácticas e recomendacións daquelas persoas do país que xa están a traballar esta cuestión nos seus respectivos campos.
  •  Construír un foro de debate do que poidan derivarse colaboracións, iniciativas e dinámicas sociais que xeren actividade na Cidade e Provincia de Lugo, en materia de diversidade afectivo-sexual.
  •  Alfabetización en dereitos: con ferramentas para o apoderamento das persoas, tanto as que estean nas siglas LGBTIQA+ coma a calquera fóra delas; e tanto en materia preventiva como reactiva.
  •  Formación a profesionais e futurxs profesionais: contando con expertxs de primeiro nivel nos seus campos de traballo, coñecedorxs dos puntos febles e oportunidades de mellora nos mesmos.

Tamén lle pode interesar

  • Plan de igualdade material

Plan de igualdade material

Fitos en clave de xénero da Rede Museística Provincial de Lugo entre os anos 1999 e 2022. Tamén se pode descargar os itinerarios e as unidades didácticas de "Hackeando o discurso arqueolóxico do MPL"
  • O pintor en 1957

Emilio Molina Núñez

Tags: |

A pintura de Emilio Molina Núñez é tecnicamente impecable. O cadro que se conserva no Museo Provincial sérvenos para apreciar algúns trazos esenciais da súa pintura

Ricardo Sacristán Arrieta

Tags: |

O 8 de decembro de 2021 cumpríronse cen anos do nacemento do artista Ricardo Sacristán Arrieta. Un artista cun estilo realista e unha técnica propias, que non variará durante toda a súa traxectoria. Recordamolo nos cen anos do seu nacemento
  • Fotografia de Gloria Fernandez

Gloria Fernández

Tags: |

Recordamos á pintora monfortina no 25 aniversario do seu pasamento e facemos un repaso a todas as obras que hai no MPL da artista
  • Paco Frá diante da coleccion de carpinteiro de ribeira do Museo do Mar.

Oficios en extinción

Difundimos a través de vídeo o traballo do último carpinteiro de Ribeira da Mariña Lucense, Paco Fra, desde o facebook do Museo Provincial do Mar.

Comparte nas túas redes