III Xornadas Pacegas
‘Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor’

Temática: Xéneros e igualdade
Esta proposta forma parte de: I Foro expandido de Museoloxía Social
Onde se desenvolve: Pazo de Tor
Cando: Dende o 02/03/2023
ao 04/03/2023
Formato: Presencial e online
A Rede Museística Provincial de Lugo organiza un ano máis no Museo Pazo de Tor as Xornadas Pacegas, encontros dialogados arredor da civilización dos pazos e fortalezas. Trátase de xornadas científicas, que son diálogos abertos cos que trenzar a colaboración entre universidade, museos e entidades sociais para que o coñecemento académico saia á rúa.
Serán os días 2 e 3 de marzo de 2023 e, coincidindo co mes da muller, céntranse no maltrato e a herdanza patrimonial baixo o título ‘III Xornadas Pacegas: Conflitividade feminina, herdanza e patrimonio: Caldaloba, Narla e Tor’.
As tres mulleres protagonistas son:
Catarina de Santiso: asasinada polo seu home, Vasco das Seixas, señor de San Paio de Narla.
Constanza de Castro: cuxa historia de resistencia en relación con Caldaloba e a herdanza do seu pai (torre recuperada para o patrimonio público da Deputación Provincial de Lugo) e a herdanza do seu pai, Pardo de Cela, é ben coñecida.
María Paz Taboada: última fidalga de Tor, quen á súa morte doou o pazo e todo o patrimonio moble que contén á sociedade.
DATAS E PARTICIPANTES
Xoves, 2 de marzo
Recepción e benvida a cargo de Tareixa Antía Ferreiro Tallón, vicepresidenta da Deputación Provincial de Lugo, e Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo.
Dolores López da Asociación Carballo Vivo: Experiencia dunha muller activista na conservación recuperación e posta en valor do patrimonio.
Alberte Ansede, presidente da Fundación e Casa-Museo Manuel María: O papel da sociedade civil na recuperación do patrimonio: o caso de Caldaloba”.
Antón Meilán García, catedrático emérito da Universidade de Oviedo, autor do libro Dona Constanza de Castro toma a Fortaleza de Vilaxoán: “Dona Beatriz e Constanza de Castro, as fillas rebeldes de Pardo de Cela”.
Simón Vicente, auxiliar de sala da Rede Museística Provincial de Lugo: “Mulleres serpe, sereas e dragóns: os casos de Tor e Narla”.
Venres, 3 de marzo
Mónica Fernández Armesto, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: “Galegas litigantes perante a xustiza senhorial no Antigo Réxime”
Raquel Iglesias Estepa, doutora en Historia: “A conflitividade feminina nas fontes xudiciais do Antigo Rexime”.
Tamara González López, doutora, profesora do Departamento de Historia da UDC: “Herdanzas, dotes e mandas: a loita das fidalgas polo patrimonio familiar (ss. XVIII-XIX)”
Ana Sixto Barcia, doutora, profesora do Departamento de Historia da USC: “Condenadas ao esquecemento. Os conflitos en torno ás vocacións forzadas na Galicia de época moderna”
Sábado, 4 de marzo: Soterradas en liña
Mesa debate sobre a as desigualdes de clase e de ciclos de vida.
(Haberá un bus dende Lugo ás 15:15h.)
Escoita o podcast das Xornadas
Enlaces de interese
Tamén che pode interesar
Proxección Externa da Rede Museística Provincial de Lugo en marzo
Proxección Externa da Rede Museística Provincial de Lugo marzo A